

En distintos momentos da historia diferentes visións e criterios déronse por bos e establecéronse coma unha especie de “feitos ou verdades incuestionables”.
O que no seu momento se aceptou, por practicidade ou conveniencia, foi mantido ao longo dos séculos, facendo que non só influíse naquel tempo, senón que seguise a influír, e moito, na nosa percepción do mundo e, con ela, das diferentes culturas e da sociedade en si mesma.
Esa percepción, pretendámolo ou non, e de xeito máis ou menos consciente, inflúe en moitos dos nosos pensamentos e accións.
Pero, que pasaría se tivesemos unha visión diferente do mundo?, cres que cambiariamos na nosa maneira de pensar?
Tanto a proxección de Gerardus Mercator coma a proxección de Arno Peters non deixan de ser unha represantación en dúas dimensións do planeta no que vivimos, algo orientativo. Pero o certo é que se non miramos máis aló dunha representación que nos poñan diante, dificilmente poderemos tomar consciencia de como é realmente o mundo no que habitamos.
Coma tantas outras cuestións, o acceso á información que debéramos ter todxs nestos tempos xunto cunha boa orientación na aprendizaxe, na que primen valores coma a igualdade e xustiza social, é o camiño para lograr unha sociedade mellor para todxs.
Quizais ese sexa o razoamento que fan tamén quenes non desexan esa igualdade…