Anverso dunha moeda coas siglas RSC

Como cidadanía e persoas consumidoras somos conscientes da necesidade dun cambio a nivel global para a mellora da nosa sociedade e medio ambiente.
Demandamos ese cambio e sabemos que as empresas deben tamén formar parte da solución e non só do problema.

Se podemos elexir entre consumir dunha maneira socialmente responsable ou non é, en gran parte, porque existen empresas que nos dán a opción de contribuír a acadar unha sociedade máis xusta e un medio ambiente máis limpo.


Se tes unha empresa, por pequena que sexa, non queres ofrecer ti esa opción á túa clientela?

Infografía sobre opinións de persoas consumidoras.

A RSC permítenos contribuír a paliar os efectos que causa sobre a economía, a sociedade e o medio ambiente o modelo de vida que temos.

Que é a RSC?

Úsanse os termos RSC (Responsabilidade Social Corporativa), RSE (Responsabilidade Social de Empresas) ou RC (Responsabilidade Corporativa), e non existe unha única definición para referirse a este modo de facer das empresas.

Tendo en conta as que teño visto, diría que:

A RSC é un conxunto de accións, e unha actitude, coas que unha empresa adopta voluntariamente, e máis aló do establecido pola lei, o compromiso de contribuír ao logro dunha mellora para a sociedade e o medio ambiente.
A responsabilidade asumida exprésase ante os grupos de interese (persoas traballadoras, proveedoras, colaboradoras, clientela, comunidade local…), convidándoos a formar parte desas accións e a asumir un compromiso común.


Supón, pois, un prantexamento estratéxico que afecta á toma de decisións e á operativa de toda a empresa, creando un valor a longo prazo e contribuíndo á obtención de vantaxes competitivas duradeiras.

Sabías que … ?

A RSC non é algo novo deste século. Se ben non con ese nome, a idea está presente desde os inicios da Industrialización e o termo utilízase desde os anos 60 do século pasado.
Dende entón se advirte e se loita contra a agresividade do modelo capitalista… e pola necesidade de que as empresas (por pequenas que estas sexan) axuden a paliar o mal que este modelo causa á sociedade e á contorna.

Sabías que … ?

Howard Bowen, pioneiro na análise da relación entre empresa e sociedade, é considerado o pai da RSC.

A importancia da RSC.

A propia definición de RSC deixa ás claras a importancia que ten.

Seguramente tamén ti pensas que viviriamos nun mundo mellor se nos ocupásemos de temas tan importantes como:

  • O respecto polos dereitos humanos (con especial atención aos da infancia).

  • O coidado do medio ambiente.

  • A igualdade e xustiza social.

  • A seguridade e saúde no traballo.

  • O emprego de políticas de contratación e promoción non discriminatorias.

  • A conciliación da vida persoal, profesional e familiar.

 

O Pacto Mundial, iniciado pola ONU no Foro Económico de Davos (en 1999), ligou a RSC ao Desenvolvemento Sostible.
Un Desenvolvemento Sostible cun triple obxectivo: a procura dun crecemento económico, un equilibrio ecolóxico e un progreso social.

Non se pode procurar o desenvolvemento considerando só a dimensión económica, senón que debemos ter en conta tamén as dimensións sociais e medio ambientais se o que pretendemos é cumprir coa nosa obriga cara ás vindeiras xeracións de permitir que éstas desfruten dos recursos, cando menos, no mesmo grao de benestar ca nós.

De aí a grande importancia da RSC para acadar esa sostibilidade, posta en risco polo modelo de desenvolvemento actual.

Sabías que … ?

O Pacto Mundial ten publicada unha guía (SDG Compass) para axudar ás empresas no aliñamento das súas estratexias cos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible fixados para 2030.

O papel da peme é moi importante.

As grandes empresas poden facernos ver que están contribuíndo de xeito sostible ao desenvolvemento da sociedade e o medio ambiente. Teñen recursos publicitarios máis que suficientes para elo.

Non pretendo quitarlle mérito, nin tampouco darllo, simplemente, como autónomo, pretendo centrarme no que pode facer unha persoa autónoma ou unha microempresa para contribuír de xeito efectivo a ese desenvolvemento sostible.
Porque o que está claro é que o feito ata agora desde hai décadas non é suficiente e todxs podemos contribuír dalgunha maneira: quenes consumimos, os gobernos, as grandes empresas, e as pemes (incluídas as persoas autónomas!).

Preservar a saúde económica do negocio que tanto che costa ter aberto debe ser unha prioridade. Se a túa empresa non é viable non poderá tampouco axudar nese cambio. Mais coa RSC o certo é que tamén gaña a túa empresa:

  • Mellora da reputación. O que implica un maior compromiso contigo da túa clientela, de traballadorxs, proveedorxs, colaboradorxs ou de quen te financia.

  • Aforro de custos, ao facer un mellor uso dos recursos naturais.

  • Maior comprensión do entorno no que está a túa empresa, facilitando a integración.

  • Mellora da sostibilidade da túa empresa, aumentando as probabilidades de éxito a longo prazo.

  • Redución de riscos (multas, impostos, perda de reputación) ao estar aliñada a túa empresa cos obxectivos de desenvolvemento sostibles (ODS de Nacións Unidas).

  • Novas oportunidades de negocio, establecendo alianzas con outras empresas e organizacións coas que compartes valores e oxectivos.

  • Mellora na calidade dos teus produtos e servizos.


Todo isto redunda nunha mellora nos beneficios para a túa empresa.

Que podes facer ti?

As liñas de actuación da RSC son diversas:

  • Coidado do medio ambiente: aproveitamento dos recursos naturais, reciclaxe, aforro enerxético, freo á contaminación, etc.

  • Mellora da ética empresarial: condicións laborais xustas, creación e cumprimento de códigos de conducta, loita contra a corrupción, transparencia, procura da calidade en produtos e servizos, etc.  

  • Calidade de vida na empresa: Ambente laboral respetuoso, xusto e incluínte; conciliación da vida persoal, profesional e famliar; fomentar o desenvolvemento persoal e profesional; etc.

  • Desenvolvemento da comunidade: mellora da calidade da vida social, prácticas de voluntariado, etc.

  • Desenvolvemento económico: crecemento sostible, innovación, xeración de emprego, etc.


Non se trata de abordar todas e cada unha das liñas de actuación posibles de RSC.
Cada empresa contribúe a este cambio dentro das súas posibilidades.

Aconsélloche que comeces facendo o que se chama mapeo da cadea de valor, que non é outra cousa que analizar as actividades que teñen lugar desde o suministro dos produtos e servizos que usas ata o fin da vida do teu produto. Con esa análise identificas as áreas de impacto da túa empresa, que son aquelas nas que podes facer cambios para a mellora.

Imaxe da cadea de valor dun produto

Unha vez que sabes onde están as áreas de impacto da túa empresa, decide como actúas.

Aproveita as vantaxes da peme: a súa axilidade e flexibilidade.
Permítenche actuar máis rapidamente que as grandes corporacións.
Ademais, tes un maior e máis inmediato acceso aos grupos de interese (stakeholders) da túa empresa.
Podes optar por introducir a xestión socialmente responsable destas maneiras:

  • Como resposta a un requerimento da túa clientela.

  • Como complemento á xestión da túa empresa.

  • Incluíndoa na xestión da túa empresa.


A modo de resumo:

Reflexiona cara onde vai a sociedade, evalúa onde estás, alíñate cos obxectivos de desenvolvemento sostible (SDG Compass), decide o camiño que toma a túa empresa e actúa se queres un cambio.

 

Eu non son un especialista que poida aconsellarche como incorporar a RSC ao teu negocio, pero si podo animarte a que te unas a este cambio que demandamos por unha sociedade e un mundo mellor, e a que consultes sitios web como o de Sonia Sánchez Torres: www.rscyempresasocial.com para profundizar neste importante tema.

Ten presente que exactamente igual que sucede cando traballas a túa marca persoal, ser socialmente responsable non é un traballo para facer nuns días e esperar ver os resultados de xeito inmediato.

Traballa desde a convicción e a consciencia de que cambiar a maneira de actuar da sociedade para vivir nun mundo mellor é algo que te acompañará cada día.

“Sé ti o cambio que queiras ver no mundo”

~ Gandhi ~