León dormitando

Desde a aparición da web 2.0 calquera persoa pode influír tanto ou máis que os medios de comunicación tradicionais na opinión doutras persoas.
Pensa no que ti mesmx fas coma consumidorx, e que valor lle das ás opinións que les en internet sobre quen che ofrece un produto ou servizo, que importancia lle das á reputación en internet desa persoa ou empresa.

Que é a reputación online?

A túa reputación online é o que outras persoas pensan e expresan sobre ti -normalmente mediante texto e imaxes- en internet.

Isto significa que a reputación online non podes creala nin eliminala, pero si xestionala.

Observa que hai unha sutil diferencia entre reputación online e marca persoal: A marca persoal é como as persoas te perciben, mentres que a reputación online é o que reflexan en internet (en redes sociais, foros, blogs, etc.) algunhas persoas desa percepción que teñen de ti.

Así que, sabendo que se falará de ti en internet, debes decidir se queres aproveitar a ocasión para sacarlle proveito ou se adoptas unha actitude pasiva ante a reputación que teñas entre a túa clientela.

Que importancia (real) ten?

Lembra o que falabamos da marca persoal, e pensa que nalgúns casos unha persoa creará a túa marca persoal a partir da túa reputación online.

Vale Alberto, pero aínda que así fose, eu nin sequera teño web, nin perfís nas redes sociais“.

Que non teñas un sitio web ou que non utilices as redes sociais non significa que outras persoas non vaian a falar de ti en internet.

Debes ter claro que nunca tivemos tan a man acceder á información e á opinión das demais persoas coma desde a aparición e consolidación da web 2.0.
Cando valoramos consumir os produtos ou contratar os servizos dunha marca, acudimos a internet para informarnos sobre a persoa ou empresa que os ofrece.
E non imos a quedarnos só co que esa persoa ou empresa nos conta de si mesma, senón que procuraremos información dada por outras persoas.

Sabías que … ?

Segundo o último estudo do Observatorio de redes sociais (presentado en decembro de 2015), o 52% das persoas que van a mercar en internet confían na opinión doutras persoas usuarias sobre unha marca, produto, servizo… Máis do que confían no que di a propia empresa.

Como podes xestionar a túa reputación online?

O primeiro que debes ter claro é que para xestionar a túa reputación online debes ter unha estratexia de marketing e comunicación, e integrar a xestión da reputación nesa estratexia.

Non te asustes!, aínda que soe rimbombante non é algo complicado nin che vai a levar moito tempo. Ao contrario, o tempo que invistes en crear a túa estratexia de marketing e comunicación pronto che permitirá aforrar horas de traballo diario, ademais de aumentar a eficiencia e conseguinte beneficio para o teu negocio.

A xestión da reputación online parte da posibilidade que tes de interactuar coa túa clientela, xa que, a diferenza dos medios de comunicación tradicionais, a web 2.0 si permite unha comunicación bidireccional.
A maneira na que interactúas marca como estás xestionando a túa reputación:

  • Faino no momento axeitado (xusto cando están falando de ti).
  • Emprega o ton oportuno, segundo a clientela coa que interactúas ou o medio no que se produce ese diálogo.
    Non é o mesmo, por exemplo, un diálogo nunha rede social de eido xeral, que nun blog especializado e frecuentado por profesionais do teu sector.
  • Ofrece as solucións convintes en cada caso.

Como podes imaxinar, hai unha diferenza considerable para o beneficio da túa marca entre xestionar (e como o fagas) ou non a túa reputación en internet.

 

O segundo aspecto do que che falo é da existencia de ferramentas que poden axudarche a medir e utilizar os datos referidos á túa reputación online.

O uso axeitado dalgunhas ferramentas poden darche moita -e moi útil- información.

As ferramentas clasifícoas en dous grupos:

  1. Ferramentas de monitorización.
    Permítenche recoller datos sobre a túa reputación online.
  2. Ferramentas de participación (escoita activa).
    Permítenche interactuar no momento no que se está a falar de ti.

 

Veremos estas ferramentas de monitorización e escoita activa na seguinte entrada deste blog.

 

Pero non quería rematar esta entrada sen dar a miña opinión sobre unha pregunta lóxica que podes estar facéndote:
Que pasa se non teño unha reputación online?

Bueno, se estás comezando o teu proxecto, terala, ou deberías tela. E nese caso opino que ter creada a túa estratexia de marketing e comunicación, e integrada nela a xestión da túa reputación, darache unha vantaxe considerable e aforrarache tempo e dores de cabeza.

E se levas xa tempo co teu proxecto e non tes reputación online algunha, quizais deberas plantexarte que a túa estratexia de marketing e comunicación non está sendo boa para ti.