Coma che dicía na entrada anterior, ti mesmx podes xestionar a túa reputación en internet, sen necesidade de contratar a unx Community Manager.
Pros e contras da xestión da túa reputación.
Evidentemente todxs queremos que a nosa marca teña un valor e ter unha reputación positiva, xa que isto redunda nuns maiores beneficios para nós.
A cuestión é se che compensa investir tempo e un esforzo nelo…
Bota as túas contas:
Por unha banda tes que adicarlle un tempo a aprender a utilizar unhas ferramentas que agora mesmo descoñeces.
Por sinxelo que sexa o seu uso, está claro que algo de tempo terás que investir.
E ademais, unha vez saibas empregalas, está o tempo que tes que adicar a interactuar coa túa clientela.
Por outra banda tes a oportunidade de escoitar de primeira man a opinión da túa clientela. Podes participar na xestión da túa reputación, convertindo este activo¹A reputación é un activo da túa marca, do teu negocio. Dependendo de como sexa esta, será un activo valioso ou que penalice a túa marca. do teu negocio nun activo valioso. E, ademais, podes utilizar esas mesmas ferramentas para observar que fai a túa competencia e así crear e aproveitar as oportunidades que xurden, anticipándote a ela.
Xestionar a túa reputación online significa, ademais, que estás facendo ao tempo unha labor de promoción constante da túa marca.
Resumindo:
¹ A reputación é un activo da túa marca, do teu negocio. Dependendo de como sexa esta, será un activo valioso ou que penalice a túa marca.
Tarefas na xestión da reputación.
Dúas son as tarefas ou fases principais á hora de xestionar a reputación online:
Monitorización.
Comeza sabendo que se di agora mesmo sobre ti en internet.
Para elo podes contar coa axuda de ferramentas que poderás utilizar en todo momento para saber, no mesmo instante en que se fale de ti, que é o que se está a dicir.
Divido á súa vez esta fase noutras 2:
1. Medición. Cos datos que che dan as distintas ferramentas podes cuantificar opinións positivas, negativas e neutras.
2. Valoración. Debes facer unha análise semántica da información que atopas, xa que as ferramentas non poderán, por exemplo, distinguir un comentario irónico.Participación.
Agora que tes os datos, debes saber interpretalos e integralos na túa estratexia de comunicación.
Comezas a fase de escoita activa, na que, entre outras cousas:
– Conversarás: Xerarás contido de maneira proactiva. A web 2.0 é iso, interactuar coas demais persoas, escoitando á túa clientela, atallando conflitos, difundindo coherentemente comentarios positivos (non peques de arrogancia), convertendo comentarios neutros en positivos, etc.
– Potenciarás os valores da túa marca persoal: Tes unha canle que che permite conectar directamente coa túa clientela, así que aprovéitaa para remarcar os teus valores.
– Localizarás persoas influenciadoras: Estas son quenes chegan a máis xente no teu sector, polo que un comentario positivo dalgunha delas sobre a túa marca poderá facer moito por ti.
Veremos na seguinte entrada deste blog a información que necesitas sobre que é unx influencer e a importancia que ten para ti contar con elx.
Ferramentas que che axudarán.
Existen arredor dun cento de empresas (e non é unha maneira de falar!) adicadas a facilitarche este tipo de ferramentas, o que deixa ás claras a aposta das marcas pola xestión da reputación na rede.
Se buscas na rede atoparás bastante información sobre as características das máis utilizadas, así que eu me limitarei a comentar as que probei.
Ferramentas de monitorización.
Google Alerts (Gratuíta.)
Moi útil e doada de empregar.
Introduces a palabra ou frase que estás monitorizando e cando alguén a utilice, Google enviarache un correo (coa frecuencia que especifiques) para avisarche. Desta maneira poderás ir ao sitio onde se estea falando dese tema, empresa, marca, etc. no momento.
Google busca esas palabras só en sitios web, non nas redes sociais.
Podes indicar con que frecuencia queres que che envíe as alertas (ao momento, unha vez ao día, unha vez á semana, ou a hora do día), en que idioma debe facer as buscas, ou se queres que che envíe só os sitios máis relevantes onde atopou esa información ou todos eles.Social Mention (Gratuíta.)
Din monitorizar máis de 80 medios sociais, incluíndo redes sociais coma Facebook, Twitter ou Youtube.
Ademais de dicirche que se está falando agora dun tema, marca, etc. califica tamén os comentarios en 4 categorías, segundo as emocións que lle transmiten ás persoas usuarias.Social Defender. (Versións gratuíta e de pago.)
Na súa versión gratuíta permíteche monitorizar a túa marca (ou outra que elixas). Para monitorizar máis marcas debes elexir entre os distintos plans de pago.
Desde o seu panel podes ver en que sitios web se fala da túa marca, así coma os comentarios que se fan en redes sociais coma Facebook, Twitter, Google+, Youtube ou Tumblr (entre outras), e respostar a estes desde o mesmo panel.
Tamén che indica cales son comentarios positivos, negativos e neutros.
Ademais destas ferramentas, podes probar ti outras de monitorización coma Alerti ou Mention (ambas de pago cunha demo de proba gratuíta).
Ferramentas de escoita activa.
Estas son máis complexas e son de pago, aínda que deixan que poidas evalualas gratuítamente durante un periodo de tempo.
Descoñezo os seus prezos, xa que non están dispoñíbeis nos seus respectivos sitios web (debes enviar unha solicitude para que che ofrezan unha demo e che informen sobre o seu importe).
Algunhas das máis populares (as que empregan grandes marcas coma Bayern, Adidas, McDonalds, LG…) son:
Estas ferramentas recopilan datos de toda a rede (blogs, foros, redes sociais, portais de noticias…) e fan unha valoración tanto cuantitativa coma cualitativa, pois empregan algoritmos de intelixencia artifical que lles permite facer unha análise semántica do contexto no que se producen as mencións á marca, persoa ou empresa que estás analizando.
Con eses datos poden ofrecerche unha información moi valiosa, e a máis completa, sobre a túa reputación na rede.
Ferramentas para localizar influencers.
Para finalizar esta serie de entradas sobre a reputación online, considero que poden serche de utilidade unha serie de ferramentas coas que saber que persoas son as que poden axudarche a chegar a unha maior audiencia: esas persoas son as chamadas influencers e da súa relevancia fáloche na seguinte entrada do blog dOM.
Imaxe do resumo: Freepik