Logo dOM rodeado de logos de redes sociais

Realmente necesito ter presenza nas redes sociais?

Non, non é necesario para ter unha boa presenza en internet. É máis, quizais sexa máis convinte para ti non estar nas redes sociais nas que xa estás agora ou nas que penses estar…
Non obstante, depende moito do tipo de proxecto ou empresa que teñas, pero pensa que, unha vez máis, tendo a presenza adecuada, si pode ser beneficioso para tiestar en determinadas redes sociais.

Se estás pensando que nestas liñas vou a dicirche en que redes sociais deberías estar, estás equivocadx.

O que prentendo vai un pouco máis alá, e é que teñas unha visión do que che ofrecen as redes sociais máis populares e ti mesmx, co coñecemento da túa estratexia de comunicación, visión e misión da túa marca, te convenzas de cales son as que podes usar e de como usalas.

Beneficios e prexuízos.

Cales son os beneficios e cales os perxuízos de estar presente nas redes sociais?

Os beneficios, coma servizo que ofreces á túa clientela, son algúns coma:

  • Son gratuítas e as persoas están xa habituadas a utilizalas, polo que empregalas coma servizo de atención á clientela é unha boa opción.

  • Á hora de mercar un produto ou contratar un servizo, guiaranse máis polas opinións de outrxs clientxs que polo que ti lles digas.
    Esas opinións poden velas nas redes sociais.

  • Proporciónaslle unha sensación de maior achegamento á túa clientela, así coma dunha inmediatez no trato.

  • Ofrécenche a posibilidade de crear unha pequena comunidade, potenciando a sensación de pertenza a un grupo e reforzando a comunicación entre ti e a túa clientela.

Algúns beneficios que poden supoñer para a túa marca son:

  • Expande e reforza a presenza da túa marca en internet.

  • Facendo un bo uso delas, dache vantaxe competitiva con respecto á túa competencia.

  • As estatísticas de uso das redes sociais facilíntanche información sobre a túa clientela. Datos que podes utilizar para mellorar a túa oferta, ao coñecer mellor os seus gustos, aficións, opinións, etc.

  • Permíteche acceder ás canles publicitarias que esas redes teñen. Poderás, se o precisas, facer unha campaña publicitaria dirixida ao público que che intesera e acceder aos datos do impacto que esta campaña ten nesas persoas.

Algúns posibles prexuízos serían:

  • Require un esforzo (cando menos en tempo). Debes crear contidos de valor para a túa audiencia, e ese contido debes comunicalo da forma axeitada a cada rede social.

  • Un mal uso perxudicará á túa marca. E ademais farache perder terreo con respecto á túa competencia, que si estará facendo un bo uso delas.
    Isto mesmo pode aplicarse no caso de que non esteas presente nas redes sociais.

ELIXE AS REDES SOCIAIS APROPIADAS PARA TI.

Ben!, agora que analizaches os pros e contras, e tendo en conta (SEMPRE) a túa proposta de valor e o que demanda a túa clientela ideal, chegas á conclusión de que si é bo para ti estar presente nas redes sociais.
O seguinte paso é decidir cal, ou cales, son as axeitadas para ti.

Indícoche algunhas características das redes sociais máis populares (ordénoas de maior a menor número de usuarixs en EspañaSegundo un estudo de We are Social de agosto de 2015.), para que poidas crear o perfil naquelas que máis conecten coa túa clientela; nas que che dean vantaxe competitiva con respecto á túa competencia.

O obxectivo principal desta rede é que as persoas que a utilizan interactúen entre elas nun ambiente e ton informal.

É moi probable que gran parte da túa clientela ideal estea nesta rede social…
E dígocho porque o 80% das persoas que utilizan internet teñen un perfil creado en Facebook.

O teu traballo -ti coñeces á túa clientela- será averiguar o uso que fan desta rede. Saberás así se é a axeitada para comunicarte co teu público.

Aínda que teñas o teu perfil creado, para a túa marca aconsélloche que crees unha páxina (fanpage) e non uses o teu perfil persoal.

Ten grupos nos que podes participar de forma activa e che poden poñer en contacto cunha posible clientela.¹Mira a nota aclaratoria ao final desta entrada.

Si, Youtube é unha rede social e ademais é a 2ª en uso tras Facebook, e a 2ª en buscas tras Google.

Ten presente, ademais, que Youtube pertence a Google, así que se estás presente nesta rede, o teu posicionamento mellorará ostensiblemente en Google.

A publicidade en vídeos está de moda, e é probable que á túa clientela sexa tamén da que prefire este medio. Si é así, esta é a rede axeitada.

Se utilizas vídeos propios no teu sitio web, crea unha canle en Youtube e alóxaos alí. O servizo será mellor que o que che ofreza calquer proveedor de aloxamento (seguramente mellor do que che ofrecen onde teñas aloxado o teu sitio web) e ademais non consumirás tráfico do teu servidor.

Esta é a rede social apropiada para seguir a actualidade sobre algún evento, por exemplo.

Se a túa clientela está pendente dalgún tipo de noticia, utilizará esta rede para enterarse o máis axiña posible e participar activamente xunto coas demais persoas.

Sen dúbida o seu punto forte é ofrecerche un mellor posicionamento en Google si tes e actualizas o teu perfil en Google +.

A maiores, nos resultados das buscas de Google e Google Maps, vense os teus datos de contacto e a actualización da túa páxina de Google +.

É unha rede social na que pouca xente interactúa.
Un dos ámbitos principais de aplicación é para crear unha comunidade na que, por exemplo, as persoas matriculadas nalgún curso participen e fagan as súas aportacións.

Ten grupos nos que podes participar de forma activa e che poden poñer en contacto cunha posible clientela.¹Mira a nota aclaratoria ao final desta entrada.

Esta rede é de uso exclusivo para móbiles, pero é moi apropiada para estreitar lazos coa túa clientela se a utilizas para amosar aspectos máis cotiás do teu día a día.

Permite xa incluír vídeos cortos, o cal ten as vantaxes que che comentaba da moda de usar vídeos para publicitarte (se a túa clientela os prefire).

Sen dúbida é a rede que tes que utilizar se o que queres é potenciar a túa faceta profesional, por exemplo, na procura de colaboradorxs, creando alianzas no teu sector, etc.

Ten grupos nos que podes participar de forma activa e che poden poñer en contacto cunha posible clientela.¹Mira a nota aclaratoria ao final desta entrada.

Se as imaxes teñen un gran protagonismo na túa oferta, e estas están especialmente coidadas (son orixinais, de calidade, etc), Pinterest pode atraer a moitas persoas ao teu sitio web.

Unha característica especial desta rede é que cando creas un novo contido, este aparecerá na portada de Pinterest e o verá todo o mundo -tanto as persoas que te seguen coma as que non- así que é unha boa oportunidade para atraer a persoas que non te coñecen ao teu perfil e ao teu sitio web.

Consellos.

Xunto coa información anterior, ter en conta estos consellos pode axudarche a tomar unha decisión desde o convencemento.

  • Non uses as redes para falar de ti, fálalle ás persoas que te seguen do que fas ti por elas.

  • Ten sempre en conta onde está a túa clientela ideal.
    Por moito que esa rede na que creaches o teu perfil teña moitxs usuarixs, se alí non está o teu publico será coma predicar no deserto.

  • Traballa a presenza nas redes sociais cada día. Telas desatendidas creará unha mala sensación nas persoas que te sigan.

  • Non teñas medo a eliminar un perfil que non necesites. Faino da maneira axeitada, con transparencia, facéndolle ver a quen te segue que prestarás mellor servizo por outros medios.

  • Ten pensado e creado o contido que queres compartir en cada rede social con antelación, desta maneira ofrecerasllo á túa clientela no momento que o precisan.

  • Identifica e define os obxectivos que queres acadar estando nas redes sociais. Non obvies aspectos coma o tempo e recursos que debes adicar a telas atendidas: Cantas horas á semana lle adicarás?, faralo ti ou outras persoas?, etc.
    Pensa que se é unha tarefa que dependerá só de ti, esta complicarase se estás presente en máis redes das que podes xestionar.

  • O contido que crees e como o amoses debe estar SEMPRE en consonancia coa túa estratexia de comunicación. Mantén esa estratexia!. Lembra que estás traballando constantemente a túa marca.
    Ter isto presente evitarache caír nos erros máis frecuentes:
    • Descoidar a túa imaxe nas redes sociais.
    • Non actualizar o contido.
    • Abusar de autobombo e contido sen valor para a túa clientela.
    • Non saber que publicar, como e cando facelo.
    • Non dar as grazas (benvida a novas persoas, o feito de compartir o teu contido, etc.)
    • Non xestionar as opinións negativas da maneira apropiada (rapidamente e de maneira hábil).
    • Non adaptar o contido a cada rede social, publicando o mesmo en todas elas mesmo cando esa non é a mellor opción.

  • Non penses en estar no maior número de redes posibles. Proba nun par delas e dáte un tempo para decidir se son as axeitadas para ti ou se é preferible probar noutras.
    Se non te decides, unha boa opción pode ser ver en que redes está a túa competencia.
    Pero ten sempre presente que o que vale para outras persoas ou empresas non necesariamente é a mellor opción para ti.

  • Antes de usar unha rede social, adica o tempo que precises para saber coma funciona. Evitaraste así sorpresas desagradables.

    Sabías que … ?

    Cando engades información (texto, fotos, vídeos…) a Facebook estaslle cedendo todos os dereitos de uso sobre a mesma.

    Tal e como di nas súas condicións de uso:

    Usted le otorga a Facebook el derecho irrevocable, perpetuo, no exclusivo, transferible y mundial (con la autorización de acordar una licencia secundaria) de utilizar, copiar, publicar, difundir, almacenar, ejecutar, transmitir, escanear, modificar, editar, traducir, adaptar, redistribuir cualquier contenido depositado en el portal.

  • Utilizas as redes sociais para atraer ás persoas ao teu sitio web, xa que alí é onde ofreces todos os teus produtos e/ou servizos.

Coma conclusión: a túa presenza (ou non) nas redes sociais debe seguir os preceptos da túa estratexia de comunicación, mantendo sempre como referencia as necesidades da túa clientela ideal.


Imaxe inicial: Freepik.

 

Nota aclaratoria: ¹ Se participas en grupos faino de maneira que aportes algo, para escoitar ás demais persoas e contribuír no que alí se trata.
A partir do valor do contido que ti aportes é como percibirán a túa oferta de produtos/servizos como boa, e non pola publicidade que te fagas.
Pensa que todxs estamos moi saturados de publicidade intrusiva, así que se as persoas dese grupo perciben que o teu único interés é venderlles algo, acabarás conseguindo o efecto contrario que pretendías, perxudicando a túa imaxe de marca.