Nena ou neno vestido de con roupa rosa de princesa e careta e láser de Darth Vader

O pasado 12 de xuño concluíu en La Casa Encendida (Madrid) a última edición de Princesas e Darth Vaders. Un festival de espíritu libertario que ofrece un espazo de denuncia e burla das conviccións sociais desde o goce e o hedonismo.

Internet é, unha vez máis, un aliado para aquelas persoas con espíritu de autoprodución (o Faino ti mesmx –ou DIY é unha alternativa en voga) que crean humor desde unha militancia feminista.

En Princesas e Darth Vaders apóstase pola diversidade, por visións do mundo diferentes e plurais, desprezando a quenes pensan que ser feminina significa ser delicada e estar sometida ao amor.

E para elo utilizan métodos de guerrilla, tal e como di Lucía Lijtmaer, comisaria do festival:
“A guerrilla chega a onde o mainstream non consegue achegarse (…) No caso da cultura de guerrilla feminista, póñense en práctica tácticas publicitarias para fins reivindicativos, e iso paréceme súper importante e divertido. A visibilización provén de lugares diferentes e neste caso, esta ten que ver con pasalo ben. Por outra parte, o que facemos é político polo simple feito de que somos mulleres facendo cousas xuntas”.

Vídeos (coma os das humoristas Malena Pichot ou Isa Calderón), memes e fakes (coma os de Elena Fraj), ou música (Fiesta Furiosa na sala Capitol) son algúns deses métodos de guerrilla cos que se intenta chegar, tamén a través de internet, a un público que entende que o humor non é patrimonio dos homes.

“A viralidade en Internet é honesta. Hai un proceso intelectual máis forte que noutros medios coma a televisión. O que se fixo viral, aínda que sexa un gatiño, conseguíuse porque á xente lle gustou. Fin. É coma unha democracia extrema.”

Malena Pichot.

 

No trasfondo deste festival sempre unha mensaxe claramente identificable:

“Todo o mundo ten dereito a ser o que queira: un guerrerio do mal, unha princesa a rescatar, ou viceversa, ou mesmo todo á vez.”

Probablemente estariamos máis preto dunha sociedade máis xusta, sana e civilizada se este tipo de pensamentos prevalecesen en cada un de nós e fósemos quen de inculcalos nas novas xeracións.

Foto: Nathan Rupert.