Dunas co rastro de pegadas de dúas persoas.

O teu sitio web seguramente utiliza cookies, apostaría por elo. E sendo así, e segundo o tipo de cookies que empregues, o artigo 22.2 da xa mencionada LSSI obrígache a advertir delo e tamén a fornecer a quen o visita cunha información detallada sobre estes ficheiros que estás almacenando: as cookies.

Que son as cookies.

As cookies son ficheiros que almacenan información sobre aspectos tales como eleccións que fan persoas que visitan o teu sitio web (por exemplo, o idioma no que queren que lle amoses a información), páxinas que visitan no teu sitio, o tempo que están en cada páxina, etc.
Todo isto está moi ben, podes acceder a unha información sobre os hábitos das persoas que visitan o teu sitio que che será de grande utilidade para o traballo da túa marca, pero, debes advertir delo a esas persoas!

As cookies non gardan datos persoais (nome, documentos de identidade, números de conta, etc.) pero si datos sobre os hábitos de navegación da persoa que está agora no teu sitio web (sitios visitados, tempo de duración das visitas, idioma usado, tipo de dispositivo desde o que se conecta, etc.)
É por elo que, como persoas usuarias, a lei nos protexe frente a estas prácticas, obrigando a quenes usan estes ficheiros (ti e eu, que temos un sitio web) a informar sobre o seu uso.

Advertir do uso de cookies.

O teu sitio web moi probablemente usa cookies.
A primeira pregunta a contestar e se debes ti advertir do uso delas ou non, e a segunda pregunta que trato neste punto será como advertir do seu uso.

 

Debes advertir do uso de cookies?

Existen distintos tipos de cookies (vémolo deseguido) e se as que usas son necesarias para o funcionamento técnico do teu sitio e se sobreentende que a persoa que está no teu sitio web conta con esa funcionalidade, non é obrigatorio que advirtas dela. Por exemplo: se accedes a unha tenda online sobreenténdese que haxa un carriño da compra para ir gardando os produtos que vas seleccionando. Logo non é obrigatorio que informes da existencia desa cookie.
Pero se nesa mesma tenda ofreces, por exemplo, a opción de compartir en determinadas redes sociais a información dun produto, estás usando unha cookie da que si debes informar.

Veremos máis abaixo os tipos de cookies que existen e poderás entender mellor sobre cales debes informar e sobre cales non.
Con todo, pensa por un momento (unha vez máis!) na túa marca persoal e considera se é desexable que informes do uso de cookies aínda que non sexa obrigatorio. Quizais quen entra no teu web agradeza esa información e transparencia…

 

Como advertir do uso de cookies.

O método máis extendido é o chamado Método de información por capas. E precisamente por ser o máis coñecido é o que vou a comentar aquí, pois considero que canto menos ‘mareemos’ a quenes nos visitan máis agradecidxs estarán.

Na chamada primeira capa, en canto a persoa accede ao teu sitio web ve un aviso no que lle indicas que o sitio usa cookies. Seguro que estás cansx de ver este tipo de avisos cando accedes a distintos sitios web: “Este sitio web utiliza cookies para …. Se continúas navegando aceptas a Política de cookies.”

Nese aviso debes informar sobre:

  • Que usas cookies e se estas son propias ou de terceiras persoas (vemos cada unha delas nos tipos de cookies).

  • Informar do motivo do seu uso.

  • Informar de como as está aceptando a persoa usuaria.

  • Unha ligazón a información máis detallada (a segunda capa).

Así, este sería un exemplo de texto informativo na primeira capa:

Este sitio web utiliza cookies de Google Analytics para obter información estatística do uso do sitio. Se segues navegando estás aceptando a nosa política de cookies.

 

A chamada segunda capa é unha páxina que debes ter no teu sitio para informar detalladamente da túa política de cookies.
Convén que teñas presente que, segundo a propia LSSI, o acceso a esta páxina debe estar ben visible en todo o sitio web, polo que a opción de incluír esta información na páxina de aviso legal (ou similar) non é suficiente.
O meu consello é que na túa páxina de aviso legal fagas unha referencia á túa política de cookies e inclúas, nun sitio ben visible e en todo o sitio web, o acceso a esa páxina de información sobre a política de cookies.

Nesa páxina debes informar sobre:

  • Que son as cookies. Explícalle a quen le esta información, de xeito que lle quede claro, que é unha cookie.

  • Indica o tipo de cookies que usas no teu sitio web.

  • Quenes usarán esa información. Se serás só ti ou tamén outras empresas (Google, Facebook, Twitter, etc.)

  • Informa claramente de como borralas ou bloquealas.

Tipos de cookies.

As cookies clasifícanse atendendo aos seguintes criterios (unha cookie pode pertencer a máis dunha categoría):

Segundo quen as xestione.

Poderán ser cookies propias ou cookies de terceiras persoas/empresas.

  • Cookies propias.
    Por exemplo, aquelas que usas para saber se quen visita o sitio web quere ver a información nun idioma ou noutro.

  • Cookies de terceiras persoas/empresas.
    Por exemplo, as que usa Google Analytics para obter a información estatística que logo poderás analizar.

Segundo o tempo que están activas.

Hai cookies de sesión e permanentementes.

  • Cookies de sesión.
    Permanecen activas para quen visita o teu web só mentres está no teu sitio (e unha vez abandona o sitio bórranse)
    Por exemplo, se a persoa inicia unha sesión e non marca á opción de lembrar usuarix para outra ocasión.

  • Cookies permanentes.
    Permanecen activas mesmo cando abandona o teu sitio web, borrándose só se esa persoa (ou o seu navegador) o fai.
    Por exemplo, cando a persoa inicia unha sesión e si marca a opción de lembrar usuarix para outra ocasión.

Segundo a súa funcionalidade.
  • Cookies técnicas.
    Son aquelas que se consideran necesarias para o correcto funcionamento do sitio web, como por exemplo as que che permiten saber que produtos quere mercar a persoa que acaba de facer unha compra; a linguaxe na que quere que lle amoses a información; a súa conta de usuarix (previo rexistro), etc.
    Non sempre é obrigado advertir do seu uso. Se se sobreentede que debe usarse unha cookie para esa funcionalidade, non é necesario advertilo (por exemplo: a do carriño da compra nunha tenda online)

  • Cookies de análise.
    Si, como podes adiviñar son aquelas que permiten ofrecerche datos das visitas ao teu sitio web: páxinas máis vistas, procedencia, franxas horarias das visitas, dispositivos desde os que acceden, etc.
    Debes advertir sempre o seu uso.

  • Cookies sociais.
    Son as que permiten a quenes visitan o teu sitio web compartir información (entradas do teu blog, produtos que vendes, etc.) nas redes sociais.
    Debes advertir sempre o seu uso.

  • Cookies de publicidade e de comportamento.
    Son as que permiten ofrecer publicidade a quen visita o teu sitio acorde cos seus gustos. Se no teu sitio web tes un espazo para publicidade e queres cubrilo co anuncio que mellor se adapta á persoa que está a visitala, usas estas cookies.
    Debes advertir sempre do seu uso.

Como podes ver, a información sobre cookies é bastante técnica, polo que convén que lle pidas a quen desenvolve o teu sitio web que che informe debidamente sobre o uso que está a facer destes ficheiros. Así ti, como propietarix do sitio e responsable, poderás informar como che esixe a LSSI a quenes o visitan.

Se tes curiosidade, podes ver máis información sobre as cookies nesta guía que elaborou a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Podes usar este modelo de política de cookies para elaborar a túa páxina na que informar da túa política.