Agora que xa sabes que é a marca persoal e por que é importante para ti traballala, indícoche unha serie de pasos que te poden guiar para traballala de maneira efectiva.
Como traballar a túa marca persoal?
A marca persoal é o resultado final dunha serie de accións que fas cada día.
Para traballar a túa marca persoal suxíroche que adiques o tempo necesario a respostar algunhas preguntas, xa que así tomarás consciencia de onde estás e a onde queres chegar, algo de suma importancia para a túa marca persoal.
Ten en conta que son só algunhas das cuestións que podes plantexarte. Non deixes de facer calquera outra reflexión que consideres oportuna.
Defínete e descubre as túas principais cualidades.
Resposta a preguntas coma estas:
• Cales son os teus valores?
• Que se che dá ben (que habilidades tes)? E non me refiro só ao aspecto profesional.
• Que traballo estarías dispostx a facer sen cobrar? que che apaixona?
• En que medio te sentes máis a gusto?
• Que persoas son referentes para ti e por que?
• Cal é a túa historia?
• Que che diferencia dos demais profesionais do teu sector?
• Por que ti es a mellor opción (que beneficios ofreces)?
• Como conectas emocionalmente mellor coas demais persoas?
Faite as preguntas que consideres necesarias para poder ter unha imaxe real do teu verdadeiro “eu”.Concreta os teus obxectivos.
Debes planificar! Fixa obxectivos cualitativos e cuantitativos que sexan específicos e medibles.
• Que obxectivos persegues que fan que precises traballar a túa marca persoal?
• Que palabras queres que estean asociadas a ti? (fai unha listaxe cuns poucos adxectivos, verbos, substantivos, cos que te sintas identificadx).
• Que mensaxe queres que transmita a túa marca persoal?
• Que medios vas a utilizar?
• Que ferramentas podes empregar?
• En que momentos levarás a cabo as accións publicitarias?
• Con que contactos contas?
• Como te ves de aquí a uns anos?Decide quen é a túa clientela ideal.
Colócaa no centro do teu proxecto e diríxite a ela coma se a tiveses diante.
• Que cualidades aprecias nos demais?
• Que cualidades non che gustan?
• Cal é a maneira de expresarte (o ton) na que te sentes con máis comodidade?
• A que valores, cualidades ou emocións queres que te asocien?
• Que uso fan de internet esas persoas (uso de redes sociais, comentarios en blogs e foros…)?Averigua quen é a túa competencia.
Non esteas máis pendente dela ca de ti mesmx, pero obsérvaa porque das súas accións podes extraer información valiosa.
• Cal é o teu nicho de mercado? (Lembra!, sé o máis concretx posible.)
• Como de concurrido está?
• Que posición ocupas na mente dxs consumidorxs respecto á túa competencia?
• Cales son as debilidades da túa competencia?
• En que es diferente á túa competencia?
Isto é importante: Se coherente!
A cada nova resposta, repasa de novo todas as demais e asegúrate de que mantés unha coherencia.
Unha vez que teñas claro cal é o teu verdadeiro “eu”, cales son os teus obxectivos, a túa clientela ideal e a túa competencia, pasamos a darlle forma á túa marca persoal.
Para elo eu divido as accións en dous bloques:
Naming.
É o proceso que segues ata acadar o nome da túa marca.
Ten en conta:
• Que sexa breve e simple, doado de pronunciar e de escribir, que soe ben.
• Que sexa sinxelo de recordar pero non por elo moi obvio. Diferénciate dos demais fomentando a curiosidade.
• Que non teña connotacións negativas.
• Que conecte ben co teu logotipo.Identidade visual.
Para creala debemos considerar:
• Logo. Procura que o nome da túa marca estea en sintonía co logo.
• Gama cromática. Non utilices demasiadas cores, e usa sempre as mesmas.
• Familias tipográficas. Elixe os tipos de letra que utilizarás (mellor non máis de 3).
• Recursos visuais. Usarás fotografías, imaxes vectoriais, vídeos, …? Decide que elementos visuais utilizarás e de que maneira.
Ton de voz.
De acordo á tua personalidade (valores, forma de pensar e expresarte…), elixe a maneira na que te dirixes ao teu público: como lle falas e como lle escribes.
O ton debe estar presente en toda a túa comunicación (web, redes sociais, anuncios, correos, chamadas, rotulación, etc.).
Axudarache a destacar entre os demais: se os demais gritan, ti ponte a cantar!Posicionamento.
Unha vez que sabes cal é o teu público, debes decidir que posición queres ocupar na súa mente.
Que estratexias de posicionamento hai?
• Por calidade e/ou prezo: Se queres que te asocien á mellor relación calidade/prezo, á mellor calidade, ao prezo máis barato…
• Por atributo diferencial: O teu produto/servizo ten unhas características que non teñen os da competencia e iso é o que vas a destacar.
• Por competencia (ti coma retador): Compara o teu produto/servizo co da competencia e destaca as túas vantaxes.
• Por competencia (ti coma oposto): Destaca o que é diferente do teu produto/servizo e por que é mellor.Lealtade á marca.
Procura que a túa clientela, proveedorxs e traballadorxs estean compremetidos coa túa marca. Isto permitirache:
• Prolongar a túa relación con elxs.
• Maior liberdade para facer cambios (por exemplo nos prezos).
• Conseguir aliadxs na promoción da túa marca. O boca a orella segue a ser a mellor estratexia de marketing que existe.Arquitectura de marca.
Se traballas con diferentes liñas de produtos ou servizos, deberás ter en conta cada marca e decidir de que maneira traballar con elas:
• Modelo monolítico (Virgin).
• Modelo de marcas independentes (Inditex).
• Modelo de apoio de marcas (Honda).
• Modelo mixto (Nestle).
Na vindeira entrada rematamos esta pequena serie sobre a marca persoal vendo unha serie de consellos e ferramentas que podes utilizar para poñela en valor.
Foto: Daniel Knieper
Imaxe parte non gráfica: Freepik