Foto de The Wave (Cañón Paria - Coyote Buttes)

Aínda que, dada a súa grande importancia, seguirei tratando o tema da marca persoal, remato con esta entrada a serie adicada a esta, e fágoo animándote a que teñas presente as ameazas importantes que axexan á nosa marca e dándoche algúns consellos. Consellos que poden evitar que se estrague nun instante todo o traballo que fixeches para acadar unha boa marca persoal.

Ameazas á túa marca persoal.

  • As mentiras.
    Non podes ofrecerlle á túa clientela unha cousa e darlle outra. Ao final SEMPRE se descubre esa falta de honestidade e acaba pesando máis na opinión da xente que as cousas boas que fagas.

  • A procrastinación.
    Dá por seguro que ir adiando tarefas importantes para o teu proxecto vai a perxudicalo.

  • A incoherencia.
    Enviar mensaxes contradictorias á clientela fai que te perciban coma alguén con dúbidas e que non ten claros os seus obxectivos, algo que non faría unx box profesional.

  • A falla de comunicación.
    Non escoitar a opinión da túa clientela, e non estar ao día das súas necesidades.

Consellos.

O máis importante é que traballes e traballes, e non pretendas vender que es o que non es.
Céntrate no que te fai diferente, no que destacas por encima dos demais e fai que iso estea sempre presente no teu traballo.

Ademais:

  • Permíteme que insista nisto: Sé auténticx! Mentir non é unha opción.

  • Ten moita paciencia.
    Unha marca non se constrúe dun día para outro. Pero se estás motivadx, tes paciencia, es perseverante e te especializas, acabarás destacando.

  • Fórmate constantemente.
    Inviste en ti, na túa formación. Pensa que ti es o mellor activo do teu proxecto.

  • Xera valor. Cambia a maneira de pensar!
    Pensa en xerar contido de valor e non en facerte publicidade.
    Crear e compartir contidos de valor para o teu público fará que te vexan coma un referente no teu sector, revalorizando a túa marca persoal.

  • Coloca á túa clientela ideal, non a ti, no centro de todo o teu proxecto. Todo o que fagas faino pensando en como a beneficias a ela.

Ferramentas.

Estas son algunhas ferramentas que che poden axudar no teu traballo diario da marca persoal.


Internet é o medio de comunicación que equilibra as forzas coas grandes marcas.
Non precisas dun grande investimento económico para traballar a túa marca persoal. Faino e deixarás a túa pegada (non só) dixital na mente da túa clientela ideal, logrando así o beneficio que buscas.


Foto: Daniel Knieper