Logo de Adwords cun interrogante.

Despois dos anteriores textos sobre Facebook e Instagram, fostes varias as persoas que me preguntáchedes que me parecía usar os anuncios en Google, así que anímome a completar esta serie de textos sobre o interés que pode ter para cadaquén considerar gastar parte do seu presuposto para publicidade en anunciarse en internet.

O pensamento principal que debes ter en conta é que a conveniencia ou non depende de cada caso, e que á hora de valorar a opción Google debes ter en conta, unha vez máis, ao teu público obxectivo:

  • Vaite a buscar en Google?
  • Vai a buscar o que ofreces en Google?
  • (… e sobre todo) O que lle ofreces ofrécesllo da maneira axeitada?
    Porque non quererás que chegue ao teu sitio web e que pense “vaia, pensaba que aquí atoparía o que necesitaba pero vendéronme o que non era…“.

Así comezo este texto, e isto é o que atoparás e non atoparás nel.

Que NON vas a encontrar aquí:

  • Non explicarei como crear unha campaña.
    Extenderíame demasiado. Pero se che interesa poderás lelo noutro texto.
  • Non explicarei como podes saír nos primeiros resultados.
    Isto depende de varios factores, non só o económico. Se sabes se che interesa usar Adwords, saberás como intentar aparecer nos primeiros resultados.
  • Non che direi se Adwords é mellor ou non ca outras opcións de anuncios.
    Como che digo, depende de máis factores que do económico. Seguro que ti despois de ler este texto o saberás mellor ca min.

 

Que vas a encontrar aquí:

  • Saberás que é Google Adwords e como funciona.
  • Poderás decidir se é unha ferramenta que pode beneficiarche para promocionar a túa marca.
  • Entenderás a importancia de analizar os datos que che ofrece Adwords.
  • Atoparás respostas a algunhas preguntas de interés sobre os anuncios en Google.

Que é Adwords.

Adwords é o sistema de publicidade de pago de Google.

Cando utilizas Google para facer unha busca, observa que na páxina dos resultados que che ofrece, segundo cal sexa a túa busca algúns deles son anuncios, que aparecen nun lugar e maneira destacadas.
Proba, por exemplo, a buscar “hotel en Pontevedra” e verás cales son os anuncios.
Se ti queres aparecer neses lugares destacados, podes usar Adwords para elo.

Como te anuncias en Adwords.

Publicar un anuncio en Adwords pode parecer complicado, pero podes facelo sen necesidade de contar con outra persoa. Só necesitas ter unha conta en Google e seguir os pasos que che indico.

Se non estás familiarizadx con Adwords posiblemente non entendas o que lerás agora. Non te preocupes, ten en mente os pasos que che indico e o significado dos termos que verás a continuación. Así, aprender a crear e xestionar os teus anuncios será só cuestión de familiarizarte con Adwords, exactamente igual que con calquer outro servizo ou ferramenta que xa dominas (o correo electrónico, a administración do teu web, da túa conta de Facebook, Spotify, etc.)

Unha vez ben definido o obxectivo que procuras, estes son os pasos a seguir para publicar exitosamente o teu anuncio en Google:

Infografía de creación de anuncio en Adwords

Xa só resta a outra parte importante: analizar os datos que che ofrece Adwords sobre a interacción do público co teu anuncio e o teu sitio web.

Como te anuncias en Adwords.

Publicar un anuncio en Adwords pode parecer complicado, pero podes facelo sen necesidade de contar con outra persoa. Só necesitas ter unha conta en Google e seguir os pasos que che indico.

Se non estás familiarizadx con Adwords posiblemente non entendas o que lerás agora. Non te preocupes, ten en mente os pasos que che indico e o significado dos termos que verás a continuación. Así, aprender a crear e xestionar os teus anuncios será só cuestión de familiarizarte con Adwords, exactamente igual que con calquer outro servizo ou ferramenta que xa dominas (o correo electrónico, a administración do teu web, da túa conta de Facebook, Spotify, etc.)

Unha vez ben definido o obxectivo que procuras, estes son os pasos a seguir para publicar exitosamente o teu anuncio en Google:

  1. Debes ter unha conta en Google para poder acceder a Adwords.

  2. Crea unha campaña.
    1. Elixe o tipo de campaña.
    2. Indícalle a Google onde está o teu público.
    3. Indícalle canto queres gastar e como queres facelo.

  3. Crea un grupo de anuncios.

  4. Crea o anuncio nese grupo de anuncios.
    1. Escribe o título e texto que queres que se vexa no teu anuncio.
    2. Indícalle a Google cal é a páxina axeitada no teu sitio web para dirixir a quen preme no teu anuncio.
    3. Decide se algunha das extensións de anuncios de Adwords lle aportan un valor ao teu anuncio e inclúea(s).
    4. Indícalle a Google cales son as palabras clave que se relacionan co teu anuncio (e cales non…).

  5. Comproba que o anuncio se amosará como ti desexas (utilizando a ferramenta de Vista previa e Diagnóstico de anuncios).

  6. Publica o teu anuncio.

Xa só resta a outra parte importante: analizar os datos que che ofrece Adwords sobre a interacción do público co teu anuncio e o teu sitio web.

Termos cos que debes familiarizarte.

Cada campaña ten un ou máis grupos de anuncios. Nela configuras o idioma, a ubicación xeográfica, o presuposto, ou en que sitios de Google a usarás (no buscador, en Youtube, blogs externos a Google, Gmail, etc.)

Cada grupo de anuncios pode ter un ou máis anuncios. No grupo organizas os anuncios segundo aspectos comúns como as palabras clave ou as puxas.

O teu anuncio, formado polo título (que reflicte o que lle ofreces ao teu público), texto, palabras clave e extensión de Adwords.

Adwords permíteche engadir gratuitamente un número de teléfono, un enderezo, valoracións de clientxs ou outros enlaces que lle aporten máis información.

Aproveita estas extensións para posicionar mellor o teu anuncio.

Cando alguén busca en Google as palabras que ti elixes, entras nunha subasta con outras persoas que queren o mesmo. Coa puxa indicas canto estás dispostx a pagar.

Debes ter en conta que o prezo que indiques non é o único factor que inflúe na posición na que aparecerá o anuncio, e que podes pagar menos do que indicas na puxa.

Prodúcese cando alguén preme no teu anuncio e xa no teu web fai o que pretendías: cubrir un formulario, mercar un produto, unha chamada teléfonica, etc.

A esa acción podes atrubuírlle un valor, e como tamén tes o coste que che supón cada clic no anuncio, podes saber se o teu anuncio che resulta rentable ou non.

Análise de datos.

É posible que non acertes á primeira cando cres o teu anuncio e non teñas os resultados esperados. Que debes facer entón?
Se decidiches dar o paso de usar Adwords probablemente teñas ben definidos os teus obxectivos, así que non debes preocuparte, só tes que analizar os datos que che ofrece Google para extraer conclusións, facer os cambios oportunos na túa campaña, e seguir intentándoo.

 

Cales son eses datos que debes analizar?

A cantidade de datos que che ofrece Google Adwords é moi grande e pode resultar abrumador entrar nesta ferramenta e intentar localizar entre todos eles os que precisas para ter claro os axustes que debas facer na túa campaña.
Elixe o periodo de tempo que queres evaluar e céntrate sobre todo nestes cando queiras evaluar o impacto do teu anuncio:

  • Número de clics que recibe o teu anuncio.

  • Número de veces que se amosou o anuncio.

  • Porcentaxe de clics.
    Para saber a relevancia do anuncio para as persoas que o viron temos o CTR (num. de clics/num. de impresións). Un CTR igual ou maior do 1% é un bo dato.

  • Precio medio que estás pagando por cada clic.
    Debes ter un prezo no que valoras a rendabilidade do clic, así que para chegar á conclusión de se as contas che saen ou non, debes saber o prezo de cada clic.

  • Nivel de calidade.
    Consulta o nivel de calidade que atribúe Adwords a esa palabra clave. Un nivel entre 6 e 10 axúdache nas puxas.

Esta análise deberías facela coa frecuencia que considerases oportuna no momento de fixar os teus obxectivos. É dicir, na medida na que teñas máis claros os obxectivos (e segundo cales sexan estes) e na que o teu investimento sexa maior, probablemente quererás analizar os datos máis continuadamente, para poder así facer o antes posible os axustes que poidas precisar.

Cando planifiques a túa campaña, ten en conta a grande importancia e necesidade de analizar os datos que che ofrece Google. Ademais do investimento económico, debes estar dispostx a facer tamén este investimento de tempo.

Preguntas de interés.

Non, non ten unha influencia directa.

Podería influír indirectamente… No caso de que o teu anuncio atraia público relevante para ti e que se produzan conversións, a relevancia do teu sitio para Google será maior e iso si pode facer que mellore a posición nos resultados que ofrece para a búsqueda orgánica (SEO).

Non.

O lugar decídeo Google en función do que esteas dispostx a pagar e da relevancia do anuncio. É dicir, que mesmo se outras persoas pagan máis, podes saír ti antes nos resultados. Ou, pola contra, saír máis abaixo de quen paga menos ca ti.

Si.

Sabendo analizar os datos que ofrece Google Adwords é posible determinar o coste que ten para ti cada acción dunha persoa que preme no teu anuncio, chega e interacciona no teu sitio web.

Si.

Un dos datos que che ofrece Adwords é ver que termos usan esas persoas e que provocaron que se activase o teu anuncio.
As súas palabras non teñen porqué ser exactamente as mesmas que defines ti no teu anuncio, así que con ese dato podes coñecer máis sobre o teu posible público obxectivo, algo que tamén che servirá para mellorar a calidade do teu anuncio.

Ti estableces a cantidade que desexas gastar.
Google cobrarache ou ben aos 30 días de comezar a campaña (se non gastaches o teu presuposto), ou ben cando consumas o teu presuposto.

A pregunta que non che resposto aquí é a que máis me fan: vale a pena usar Google Adwords?
E non a resposto eu porque a mellor resposta debes tela ti.

Coñece ao teu público obxectivo, o que lle ofreces (e como llo ofreces!) e saberás se é unha boa opción para ti.