Ter un sitio web é básico, pero insuficiente.
Mírao deste xeito: Podes ser unx gran profesional, ter moi boas ideas e os teus produtos ou servizos ofrecer un valor engadido ao teu público. Pero se non logras comunicar todo isto, se elxs non o saben, non che valerá de moito, non cres?
Neste punto é onde entra en xogo o Marketing, pero non o Marketing tradicional senón o que che axududará a ter beneficios.
Sinceiramente, eu tamén me perdo con toda a terminoloxía que hai respecto ao marketing… así que usémola ao noso xeito para centrarnos no que realmente importa:
Cales son as técnicas que che axudarán a chegar ao teu público?
- Xestiona ben a túa marca persoal: Pode soar frío e impersoal (aínda que é xusto o contrario) pero todos somos unha marca, así que mellor aprender a xestionala.
- Aproveita a información que che facilita internet: Cunha inversión económica moi pequena (e mesmo a coste 0) podes crecer rapidamente, coa técnica que utilizan as startups (compañías emerxentes).
- Dálle á túa clientela o contido que busca: Os teus clientes esperan algo máis de ti cando entran no teu sitio web ou abren un correo teu. E non, non son os teus produtos ou servizos.
- Comunícate coas palabras que queren oír: Se é importante o que lle ofreces, máis o é como llo ofreces. Lembra isto: As imaxes atraen, pero son as palabras as que venden e fidelizan á túa clientela.
Son varias as técnicas que che axudarán, si, pero permíteme que insista en que o importante é sumar a labor de marketing á túa presenza en internet, pois sen ela será complicado chegar ao teu público.