Persona firmando unos papeles.

Esta é unha información que debes facilitar, como é evidente, sempre que vendas algo a través do teu sitio web, xa sexan produtos ou a contratación de servizos.
Así, por exemplo, se no teu sitio web tes unha tenda online a LSSI obrígache a ofrecer a información sobre condicións de venda.

Ter un apartado no que plantexas as preguntas e respostas máis comúns que pode facerse unha persoa usuaria á hora de realizar unha compra (ou contratación) está ben. Estou falando do típico apartado de Preguntas máis frecuentes, as famosas FAQ (Frequently Asked Questions, no idioma de Shakespeare).
Pero un apartado así non é suficiente.

Debes ofrecer un documento no que recolles todos os aspectos legais relativos a esa venda ou contratación.

 

Información a facilitar na páxina de condicións de venda ou contratación.

Nas condicións de venda ou contratación debes facilitar información sobre:

Normalmente esta persoa (ou emrpesa) será a mesma que a titular do sitio web, mais neste apartado é preciso identificala co seu nome e NIF (caso dunha persoa) ou razón social e CIF (no caso dunha empresa).

A información (características) de cada produto (ou servizo) adoita estar nunha páxina específica da tenda, onde este produto ou servizo se ofrece. Así, indicando a maneira na que a persoa pode acceder a toda a información relevante do produto que vai a mercar (ou servizo que vai a contratar) cumpriríase con este requisito.

Hai que destacar que a información presente no sitio web debe corresponder exactamente coa do produto que se vende.

Podes advertir do feito de que se a persoa que vai a mercar un produto precisa de algunha información que non atopa no sitio web, pode solicitala a través dos medios que porás á súa disposición neste apartado.

Un exemplo do texto co que podes indicar esta información sería:
Cada produto que podes mercar na nosa tenda online ten as súas características na súa ficha de produto. Poderás ver unha descripción do mesmo, así como as cores nas que está dispoñíbel, medidas e peso.
Se faltase algunha información que consideras importante coñecer, por favor contacta con nós a través do enderezo de correo electrónico enderezo@dominio.com ou ben chamando ao teléfono 600 111 222 e facilitarémosche a información que precises.

 

Ademais da información particular a cada produto, haberá outra de carácter probablemente máis xeral, e que indicarías nesta páxina de termos e condicións de venda, como son:

  • Información sobre os prezos. Se inclúen ou non impostos (e cales son estes), se inclúen ou non os gastos de envío (e cales son estes).
  • Información sobre a dispoñibilidade dos produtos (ou servizos).
  • Información sobre as garantías.

A información sobre o que vendes seguramente lle quede clara rapidamente a quen visita o teu sitio web. A outra información que lle interesará ter tamén moi clara son as condicións desa venda, e en concreto aspectos como:

  • Información sobre as formas e gastos de envío.
    Hai un só tipo de envío ou pode elexir entre, por exemplo, estándar (de 4 a 7 días) ou express (en 24 horas)? Pode recollelo nunha tenda?, etc.
  • Información sobre os prazos de entrega.
    Neste punto é importante ter un compromiso por parte de quen entregará o produto (normalmente unha empresa de mensaxería), e que sexa esta empresa quen responda no caso de que o prazo real non se corresponda co que ti indicas.
  • Información sobre as formas e gastos de devolucións de produtos.
    Un produto, polo motivo que sexa, pode chegar con algún defecto á túa clientela… Ou, tamén, ten en conta que, cando menos e por lei, a persoa que merca ten dereito a desistir da súa compra cando esta é de determinados produtos (como indico no seguinte punto).
  • Información sobre o dereito (ou non) a desestimento.
    Se a persoa que compra ten ese dereito, debes indicar claramente que é así e cal é o prazo para exercelo. Ten en conta que como mínimo este debe ser de 14 días e que se non indicas ti un prazo, a lei permitiríalle extender ese dereito ata os 2 anos. É dicir, que se non lle indicas nada ao respecto, pode devolverche o produto pasados 2 anos e ti debes devolverlle o importe da compra.
  • Lugares nos que se vende.
    Sabes que ao teu sitio web se pode acceder desde calquera parte do mundo, pero quizais ti non esteas dispostx a vender os teus produtos (ou ofrecer os teus servizos) en todos os lugares, ou coas mesmas condicións.
    Reflexa esta información nestas condicións de venda ou contratación.

Esta é unha información da que adoitan carecer moitos sitios web e que ten moita importancia.
Polo feito de vender un produto ou que che contraten un servizo a través do sitio web xa se está realizando un contrato (precisametne nesta páxina de termos e condicións… estás marcando as cláusulas do mesmo), pero para que este teña plena validez, debes asegurarte de:

  • No caso de que vendas produtos, debes confirmarlle a quen recibiu o teu produto que tes constancia desa entrega. Debes facelo nas seguintes 24 horas da recepción do mesmo. Deste xeito ademais de cumprir con esta obriga legal, transmíteslle maior seguridade a quen mercou o produto.
  • No caso de que ofrezas un servizo, debes facilitar a quen te contrata o acceso ao contrato que vos une nun soporte duradeiro. Por exemplo, facéndolle chegar o contrato por medio de correspondencia postal.

Toda esta información adóitase completar cun par de apuntamentos máis, como son:

  • A inclusión dunha cláusula de divisibilidade, na que se indica que se algunha das cláusulas resultase inválida, ilegal ou non executable, as restantes non perderán validez;
  • A inclusión dunha cláusula na que te reservas o dereito a modificar estos termos e condicións.

Sabías que … ?

En moitos textos sobre termos e condicións de venda e contratación indícase unha cláusula sobre a lexislación aplicable e a xurisdición. Estas cláusulas non só son innecesarias (a lei é a que o indica) senón que poden ser consideradas abusivas posto que quen merca (ou contrata) ten dereito a demandar no lugar do seu domicilio.

Outras cláusulas consideradas como abusivas son aquelas do tipo os prezos son os indicados no web agás erro tipográfico.

Non poñas cláusulas innecesarias. Ademais de poder supoñerte un problema, complican máis á túa clientela.

Foto: Freepik