Bonecas matryoshka

Cando se nos presenta unha necesidade, e fáloche coma clientxs que somos, temos, basicamente, dúas maneiras de afrontar a situación:

  • Procuramos a axuda dunx profesional.

  • Facémolo nós mesmxs, se previamente tivemos a ocasión de aprender a resolver esas situacións.


Persoalmente valoro que x profesional a quen me dirixo me ofreza -sendo posible, claro- estas dúas opcións:

  • Facer o seu traballo, sen que eu teña outra preocupación que a de pagarlle.

  • Que ademais de facer o seu traballo, me dea a oportunidade de aprender a facer esa tarefa.

Creo que a segunda opción é posible en moitos máis casos dos que poida parecernos… Por suposto, varían moito as formas dependendo do tipo de actividade profesional e das circunstancias das que esteamos a falar.

Deixa que che poña un exemplo referíndome á miña profesión:

Ofrézoche mellorar a túa presenza en internet, así que as opcións entre as que che dou a elexir son estas:

  • Non ves o proceso que sigo para lograr a presenza efectiva do teu proxecto en internet.

  • Ves o proceso que sigo ata lograr esa presenza, tendo a oportunidade de aprender ti mesmx a logralo.


Sabías que … ?

En informática, estas dúas opcións son coñecidas coma o Modelo de caixa negra e o Modelo de caixa branca.

Modelo de caixa negraNon ves o proceso (Modelo de caixa negra).

Este é o habitual, o que poñen en práctica a maioría das empresas de servizos.

É o modelo indicado se o que desexas é adicar o teu tempo e esforzos a outras tarefas que non sexan esta. X profesional a quen acodes é quen se encarga de crear e xestionar a túa presenza en internet.

X clientx quere, por exemplo, ter o seu sitio web, así que lle pedimos que nos facilite o material que precisamos: imaxes, textos, datos de contacto, etc.

A medida que imos avanzando no desenvolvemento, ímoslle amosando os avances, fanse as modificacións pertinentes e rematamos o traballo coa publicación do sitio web e dos perfís nas diferentes redes sociais que desexa utilizar.

Se no futuro houbese que facer algún cambio, o proceso repetiríase.

Modelo de caixa brancaVes o proceso (Modelo de caixa branca).

Este é o modelo axeitado para ti se o que queres é aprender e ter a autonomía suficiente para crear e xestionar a túa presenza en internet sen depender (ou facéndoo o menos posible) de terceiras persoas.

X profesional co que contas guíate no proceso, establecendo unha colaboración que facilita a aprendizaxe, de maneira que cando o proxecto remata tes uns coñecementos que che permitirán gozar dunha visión máis completa do que constitúe ter unha presenza en internet. E isto redunda nunha maior habilidade para xestionar a túa presenza e mesmo a de outrxs.

 

Dependendo das circunstancias, e sobre todo dos obxectivos persoais, un modelo é máis útil ca o outro.

A maioría das veces nos decantamos por un ou outro instintivamente, sen ser conscientes delo.

Coma consumidorx, se tes a oportunidade de elexir, reflexiona e analiza sobre se che convén máis unha opción ou outra.

Coma profesional, sempre que sexa posible ofrece á túa clientela ambas opcións, cando menos transmitiraslle unha maior confianza.

 

Que opción elixes ti?