Alberto Prieto Magdalena

Programación e desenvolvemento web

Sobre min

Traballo con persoas con iniciativa, que teñen unha estratexia de negocio e que queren esa mesma iniciativa e implicación para a súa estratexia de comunicación. Persoas que buscan resultados concretos para ter a presenza en internet que lles beneficie. Pero que tamén queren acadar o coñecemento preciso para saberse mover pola rede por si mesmas.

Creo sitios web que atraen ao teu público obxetivo. Sitios onde a usabilidade é un fin que ofrecer á túa audiencia, conseguindo así os vínculos que se requieren para que a túa marca persoal sexa valorada.
Unha marca posicionada e preparada para avanzar polo seu camiño.

Formación

Licenciatura e diplomatura en informática

Universidade da Coruña

 

Na facultade de informática da Coruña formeime como programador, analista e xestor. Aprendín os fundamentos da programación en particular y da xestión de proxectos en xeral, o que me proporcionou a base que se precisa para entender todo o relacionado co sector TIC.

Durante os meus anos de traballo neste sector aprendín todo o demais.
Pero por sobre todo destaco o ter aprendido a escoitar e escrutar as necesidades dunha persoa para, a partir de aí, poder ofrecerlle o que precisa para lograr a presenza en internet que beneficia á súa marca persoal.

Aptitudes

Desenvolvemento web e WordPress
Xestión de proxectos web
eCommerce
eLearning
Posicionamento en internet (SEO)
Desenvolvemento de Apps
Marketing
Presenza en redes sociais
Experiencia

dOM

Desenvolvemento web e marketing
Xaneiro 2016 – actualidade

 

Creo ou adapto a túa estratexia de comunicación para que encaixe coa túa estratexia de negocio.

  • Desenvolvemento web e posicionamento
  • Estratexias de marketing
  • Asesoramento TIC

Imaxina

Responsábel de programación
Logo de Imaxina Novas Tecnoloxías
Xaneiro 2003 – Decembro 2015

 

Socio fundador de Imaxina – Novas Tecnoloxías, empresa adicada ao desenvolvemento web e multimedia.

  • Creación de sitios web e posicionamento en buscadores.
  • Programación de aplicacións web e para móbiles.
  • Creación de iBooks.
  • Dirección de proxectos.

Formación dOM

Creación de contidos formativos
Logotipo de Formación dOM
Xaneiro 2016 – actualidade

 

As TIC permiten mellorar os métodos de ensinanza e ofrecer unha formación que permita ao alumnado aprender desde os fundamentos e o goce.

  • Implemento a plataforma formativa que precisas.
  • Creo contidos formativos interactivos.

Outros...

Programador e docente
1998 – 2002

 

A Universidade da Coruña, o Concello do Grove ou diversos centros docentes sérvenme de experiencia para completar a miña formación e traballar con equipos multidisciplinares, grandes e pequenos, en proxectos de investigación y de docencia. Todas elas experiencias das que aprendín e das que aínda hoxe tiro proveito.

Portafolio e WordPress

Non teño portafolio! 😥
E é que ter portafolio ten as súas vantaxes, si, pero tamén os seus inconvintes… Desenvolvo sitios web e aplicacións do máis variadas (para dispositivos móbiles, para web, de xestión, realidade aumentada, xogos, …) desde o ano 2001. Perdín a conta dos sitios web que desenvolvín, algúns xa non están operativos, e o que foi definitivo para esta decisión: cada sitio web ten a súa historia e ésta non pode reflexarse nun portafolio, e nin tan sequera ás veces no propio sitio web.

O importante dun sitio web é que satisfaga as necesidades do público obxetivo ao que o diriximos. Así pois, opino que o que ti precisas pouco ou nada terá que ver co resultado final ao que cheguei con outras persoas, non cres?
Pero, necesitarás coñecer o meu traballo para saber se son eu a persoa axeitada para levar a cabo o proxecto que tes en mente. Enténdoo, e para iso elaborei a información que podes ver a continuación…

Logotipo de WordPress

Se queres o teu sitio web en WordPress seguramente coñeces as súas bondades.
Para min crear en WordPress é como crear fantásticas construcións co Lego, si, ese fantástico xogo.
Un montón de pezas de cores que unidas correctamente permítenche pór o límite onde o poña a túa imaxinación: o núcleo de WordPress, os temas, os plugins Hai que coñecer ben todas as pezas que usarás e saber combinalas para obter os mellores resultados. Eu sei como construír ou mellorar o teu sitio web.

Debemos escoller o tema axeitado co que amosar o teu contido, así como os plugins a usar, ou o servidor no que aloxar o teu sitio web. Todo iso, e máis, inflúe á hora de ter o sitio web que precisas para transmitir o valor da túa proposta.

Creación
Reparar e optimizar
WooCommerce
Academia
Mantemento

Xa me coñeces un pouco máis… Podo axudarche a crear e mellorar a túa presenza en internet en xeral, e o teu sitio web en particular.