Alberto Prieto Magdalena

Alberto Prieto Magdalena

Analista e programador web

_Sobre min_

Traballo con persoas con iniciativa, que teñen e saben da súa estratexia de negocio, e que queren esa mesma iniciativa e implicación para a súa estratexia de comunicación. Persoas que buscan resultados concretos para ter a presenza en internet que lles beneficie.

Creo sitios web que atraen ao teu público obxetivo. Sitios onde a usabilidade é un fin que ofrecer á túa audiencia, conseguindo así os vínculos que precisas para que a túa marca persoal sexa valorada.
Unha marca posicionada, coa presencia en internet que require, e preparada para avanzar polo seu camiño.

_Formación_
Licenciatura e diplomatura en informática
Universidade da Coruña

Na facultade de informática da Coruña formeime como programador, analista e xestor. Aprendín os fundamentos da programación en particular e da xestión de proxectos en xeral, o que me proporcionou a base que se precisa para entender todo o relacionado co sector TIC.

Durante os meus anos de traballo neste sector aprendín todo o demais.
Pero sobre todo destaco o ter aprendido a escoitar e escrutar as necesidades das persoas coas que traballo, algo fundamental para poder axudar a acadar a presenza en internet que pretendemos.

Desenvolvemento web
Xestión de proxectos web
PHP
Javascript, jQuery
CSS avanzado
PS
Prestashop
Bootstrap
SEO
_Experiencia_
dOM
Desenvolvemento web e marketing
2016 – actualidade
Traballo tanto con axencias especializadas coma con persoas ou empresas que queren mellorar a súa presenza en internet.
  • Desenvolvemento web e posicionamento
  • Estratexias de marketing
  • Asesoramento TIC
Formación dOM
Creación de contidos formativos
2016 – actualidade
As TIC permiten mellorar os métodos de ensinanza e ofrecer unha formación que permita ao alumnado aprender desde os fundamentos e o goce.
  • Implemento, xestiono e manteño plataformas formativas.
  • Creo contidos formativos interactivos
Imaxina
Responsábel de programación
2003 – 2016
Socio fundador de Imaxina – Novas Tecnoloxías, empresa adicada ao desenvolvemento web e multimedia.
  • Creación de sitios web e posicionamento en buscadores
  • Programación de aplicacións web e para móbiles
  • Creación de iBooks
  • Dirección de proxectos
Outros…
Programador e docente
1998 – 2002
A Universidade da Coruña, o Concello do Grove ou diversos centros docentes sérvenme de experiencia para completar a miña formación e traballar con equipos multidisciplinares, grandes e pequenos, en proxectos de investigación y de docencia. Todas elas experiencias das que aprendín e das que aínda hoxe tiro proveito.
_Portafolio e WordPress_

Ter un portafolio ten as súas vantaxes, si, pero tamén os seus inconvintes…
Desenvolvo sitios web e aplicacións do máis variadas (para dispositivos móbiles, para web, de xestión, realidade aumentada, xogos, …) desde o ano 2001. Perdín a conta dos sitios web que desenvolvín, algúns xa non están operativos, e o motivo principal polo que non me gusta facer referencia a el: cada sitio web ten a súa historia e ésta non pode reflexarse nun portafolio.

O importante dun sitio web é que satisfaga as necesidades do público obxetivo ao que o diriximos. Así pois, opino que o que ti precisas pouco ou nada terá que ver co resultado final ao que cheguei con outras persoas, non cres?

Porén, necesitarás coñecer o meu traballo para saber se son eu a persoa axeitada para levar a cabo o proxecto que tes en mente. Enténdoo, e para iso elaborei unha pequena mostra de sitios web nos que traballei. Se estás interesadx en vela, escríbeme un correo indicándomo e facilitareiche o acceso.

Se queres o teu sitio web en WordPress seguramente coñeces as súas bondades. Para min crear en WordPress é como crear fantásticas construcións co Lego, xogaches algunha vez? Un montón de pezas de cores que unidas correctamente permítenche pór o límite onde o poña a túa imaxinación: o núcleo de WordPress, os temas, os bloques, os plugins… Hai que coñecer ben todas as pezas que usarás e saber combinalas para obter os mellores resultados.

Podo axudarche a construír ou mellorar o teu sitio web. Debemos escoller o tema axeitado co que amosar o teu contido, así como os plugins a usar, quizais crear bloques personalizados para as túas necesidades, ou elexir o servidor no que aloxar o teu sitio web. Todo iso, e máis, inflúe á hora de ter o sitio web que precisas para transmitir o valor da túa proposta.

 

Creación

Creo temas, plugins e bloques para que o teu web se axuste ao que necesitas.

 

Reparación e optimización

Analizo o teu sitio web, determino qué está funcionando mal e cómo optimizalo.

 

Tendas online

Aproveita as oportunidades que che ofrece internet para vender os teus produtos ou servizos.

 

Aprendizaxe online

Poño en marcha a túa academia e indícoche recursos e ferramentas a usar para crear os teus cursos.

Xa me coñeces un pouco máis… Podo axudarche a crear e mellorar a túa presenza en internet en xeral, e o teu sitio web en particular.