Como persoa usuaria de doutramaneira.eu, a lexislación vixente en materia de Protección de datos dáche dereito a:
- Solicitar o acceso aos teus datos persoais
- Solicitar a súa rectificación ou supresión en calquera momento
- Solicitar a limitación do seu tratamento
- Opoñerte ao tratamento
- Solicitar a portabilidade dos teus datos
Poderás acceder aos teus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros posibles motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
Poderás solicitar a limitación do tratamento dos teus datos, e nese caso mantereinos unicamente para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa túa situación particular, poderás opoñerte ao tratamento dos teus datos. Neste caso, deixarei de tratar os teus datos, agás por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou defensa de posibles reclamacións.
Se exerces o teu dereito á portabilidade dos datos, terás dereito a que os datos persoais se transmitan directamente dunha persoa responsable a outra cando sexa tecnicamente posible.
Ten en conta que o exercicio destes dereitos é persoal e debe por tanto ser exercido directamente pola persoa interesada, solicitándomo directamente a min, Alberto Prieto Magdalena, como persoa responsable, o que significa que se facilitaches os teus datos nalgún momento neste sitio web, podes dirixirte a min e pedirme información sobre os datos que teño almacenados, cómo os obtiven, podes solicitarme a rectificación dos mesmos, oporte a que os trate, que limite o seu uso ou no seu caso solicitar a cancelación deses datos nos meus ficheiros.
Podes enviarme calquera petición deste tipo e así exercitar os teus dereitos enviándome un correo electrónico a correo@doutramaenira.eu xunto cunha proba válida en dereito como pode ser unha fotocopia do teu DI ou equivalente, indicando no asunto “Protección dos meus datos”.
Tamén tes dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante la autoridad de control, que no caso de España é a Axencia Española de Protección de Datos, se consideras que o tratamiento dos teus datos persoais infrinxe o regulamento.