Ofertar cursos non é ofrecer unha boa formación.
Ti podes ofrecer unha ensinanza de calidade.
Necesitas unha plataforma potente e funcional xunto cuns contidos que cautiven ao teu alumnado.

O meu pensamento
A oferta de cursos en internet é inxente. Hai tanto onde elexir que mesmo perdemos interés por buscar e comezar cursos.
Pero polo que non perdemos o interés é por aprender e por darlle unha continuidade á nosa formación. E a oferta de unha formación de calidade é escasa. Esta pasa por pór á disposición do teu alumnado uns contidos e un entorno de aprendizaxe que se adapta ás súas necesidades, captando así o seu interés.
A miña proposta
O uso das TIC permítenche ofrecer un bo servizo antes, durante e despois de cada acción formativa, o que marcará a diferenza con quenes só as usan durante a realización dun curso.
Poderás incorporar os últimos avances en materia de creación de contidos e xestión da túa plataforma de aprendizaxe, de maneira que non supoña un esforzo para ti e ao tempo que reporta ao teu alumnado a maior satisfacción posible.
Coñeces o sector da formación e eu o que as TIC poñen a disposición da ensinanza.